Este blog recolle tódolos artigos publicados no fanzine “FOL DE VELENO”, boletín editado durante os anos 2006-2008.
“FOL DE VELENO” é un fanzine cultural e de opinión creado e editado por Rafa Quintía que nace no 2006 co ánimo de dar a coñecer, dun xeito ameno e asequible, ós distintos aspectos da cultura popular galega, á vez que aspira a ser un foro libre para a crítica social. xa que logo, “FOL DE VELENO” é un fanzine cultural e de opinión para dar luz ás historias, xentes, terras e cousas dun país clandestino…Galicia.
Durante os tres anos de vida que tivo este fanzine contou coa colaboración desinteresada das seguintes entidades e autores:
- A asociación cultural os Chichisos
- A asociación cultural os Abrentes de Cerdedo
- Asoc. Vaipolorío
- Asoc. xuvenil Landra
- Asoc. Verbo Xido
- O grupo de música tradicional os Lerenses
- João Bieites
- Rosalía Rodríguez
- Francisco Sutil
- Calros Solla
- José Ángel Rodríguez
- Rubén Troitiño
- Elvira Ribeiro
- Sebas Anxo
- Xosé Feijoó
- Carlos Quintía
- Marta Iglesias
- Joseph Ghanime
- Xosé Luis Santos Cabanas
- Tais Feijoó
- Sonia Abollo
A todos eles MOITAS GRAZAS!!
LEA ON LINE O PRIMEIRO NÚMERO DE “FOL DE VELENO” NO ENDEREZO:
http://issuu.com/foldeveleno/docs/microsoft_word_-_fol_de_veleno_2006
“FOL DE VELENO” non recibiu ningún tipo de axuda nin subvención pública, financiándose exclusivamente cos recursos xerados pola súa propia distribución.
No 2010 o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca adopta o nome deste fanzine para bautiza-la súa revista de historia e etnografía de Galiza. Nace así “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza” cuxo primeiro número saíu á rúa en outubro do 2010.







