1ª achega

Acebillar: Aínda que non aparece recollida nos dicionarios, esta palabra emprégase nalgunhas zonas de Galicia co significado de apurar, é dicir, dar ou meter présa. Na zona de Salcedo utilízase con este significado o verbo alambrar.  

Almadraque:  palabra actualmente moi pouco empregada e que fai referencia á almofada  

Andar ó leu: Andar á intemperie, ó frío, con pouca roupa.  Axóuxere: Esfera oca que pode ser de distintos materiais e que leva dentro unha 0u máis boliñas soltas para que emitan son ó axitalas.  

Cear: Ademais de existir como verbo que significa inxerir un determinado alimento na comida, xeralmente a última do día, que se fai polo serán ou pola noite tamén temos na nosa lingua o verbo cear co significado de recuar, andar ou moverse cara a atrás.  

Encetar: Este verbo pode significar empezar a gastar algo que estaba enteiro (especialmente referido á comida “enceta-lo xamón ou a bola de pan) pero tamén se utiliza cando falamos de que unha ferida se infecta.  

Galdrumada: Comida mal feita, con moitas cousas mesturadas e de mal aspecto aínda que nalgunha zona non ten este matiz negativo e emprégase para facer referencia a calquera tipo de doce ou alimento que leve azucre.

 Papaventos: xoguete que consiste nuhha armazón lixeira que sostén estirado un papel ou unha tea e leva colgada unha cola tamén de tea ou papel. Este xoguete elévase no aire aproveitando as correntes de vento e queda suxeito por un cordel. 

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:07 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2007/11/16/1%c2%aa-entrega/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: