A Cachena

“A CACHENA” O nome de Cachena serve pra designar unha poboación bovina estendida no sudoeste ourensán, nos montes da Serra do Xurés, Serra de Leboreiro e Montes do Quinxo, que, ó final da súa regresión censual, quedou practicamente acantoada na freguesía da Illa, concello de Entrimo e máis concretamente na localidade de Olelas. Morfoloxicamente son animais de pequeno tamaño, o peso medio é de 350 Kg prás femias e de 550 Kg prós machos, cunha alzada á cruz de entre 90 e 120 cm. prás femias e de 100 e 130 cm prós machos. A capa é castaña clara, abelá, máis escura na rexión do pescozo. Son característicos os seus cornos, en lira alta, de grandes proporcións e sección circular. É unha raza que é boa reproductora, con boas calidades maternais e unha aceptable produción leiteira, moi rústica, resistente a enfermidades, adaptada perfectamente tanto ós rigores climatolóxicos como ós morfolóxicos das serras do noso país, o que lles facilita o traballo ós gandeiros xa que poden mante-los fatos en pastoreo extensivo ou semiextensivo a maior parte do ano cunha achega mínima de recursos alleos á propia explotación. Deste xeito prodúcese un aproveitamento sostible, xéranse producións respectuosas co medio natural minimizando o uso de fertilizantes, praguicidas e substancias medicamentosas, mantendo a biodiversidade, conservando o valor paisaxístico e diminuíndo a incidencia dos incendios forestais ó controla-la vexetación mediante o silvopastoreo. Pra rematar, hai que subliñar que esta actividade gandeira, ó tempo que recupera prácticas culturais tradicionais, axuda a fixa-la poboación ó medio, sobre todo nos lugares que, polo seu illamento, sufriron máis o abandono rural.  Para saber máis:Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.Tfno.: 988205402   A Cachena e o Porco celta forman parte do patrimonio histórico-cultural de Galicia e non podemos deixar que se perda. Por Roxo

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:05 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2007/11/16/a-cachena/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: