Catarse

“CATARSE” 

Hai alguén na casa.

Sinto o seu folguexo entrecortado, a suor flotando no aire, os ollos axexando nas tebras da noite.

El tamén sabe da miña presenza.

Dous predadores nun mesmo cubil.

O meu corazón bombe(x)a polas arterias sangue cargado de adrenalina.Debaixo da pel os músculos contráense e reláxanse espasmodicamente.

Hai alguén na casa.

Coma un felino no seu couto de caza percorro as habitacións na procura da miña vítima, na procura do meu cazador.Enviando abundante saliva, os ouídos agudizados, os nervios listos para a acción reflexa.Guíame o instinto.O afiado coitelo é a miña uña mortífera, o ferrote envelenado.

Hai alguén na casa.

Imaxe de vidro.Localizoume no vestíbulo.Crúzanse as nosas miradas e saltan chispas do curtocircuíto.Recoñeceu o segredo da miña forza, a folla cortante que empuña a miña man, o meu potencial devastador.

Berra á escuridade protectora e fuxe.Fuxe.

A mente anúbraseme pola oura. O perfume anticipatorio do sangue, da carne crúa, excítame.

Persígoo, búscoo, olfactéoo.Hai alguén na casa.

Acochouse no baño, camuflando o seu cheiro.Pero eu sigo a pista, as feromonas impregnando o ambiente e as miñas fosas nasais, delatando a súa presenza.

A porta ábrese, fulxente a luz, ampolando a miña pel, empequenecendo as pupilas,  furando o cerebro dorido.Imaxe de vidro.Intenta impoñerse freneticamente.

Cúspeme rabioso.O fío brilla, asubía e penetra.

Brilla.Asubía.Penetra.

A miña garganta está aberta, mana o sangue.

Feriume, perdo o meu segredo, o meu poder.A porcelana branca tórnase vermella.

Apoiado, débil, vexo a imaxe de vidro, a súa imaxe, a nosa imaxe.Está morrendo.Crúzanse as miradas, sen estralar, os dous feridos de morte.

A vida escápasenos pola mesma longa incisura das nosas gorxas, da miña gorxa.

Caio ao chan, á beira do único coitelo, o das dúas caras, o da fusión.

Apágase a luz, retorna a noite.

Hai alguén na casa.

É a morte.                                             

Por   José Ángel Rosales

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:52 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2007/11/16/catarse/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: