O Porteiro

Imos ver tres figuras non rexistradas na etnografía e no folclore de Galicia ata o momento: O Porteiro, O Rachador e o Tabello. Todas elas recollidas no concello de Vilaboa do Morrazo. O PORTEIRO. Cando alguén morre e o enterran no cemiterio parroquial, convértese no Porteiro ata que un novo defunto o substitúe. Segundo a crenza popular, non é bo estar moito tempo como Porteiro; polo tanto, é desexable que, canto antes, haxa unha nova defunción na parroquia. Oiamos o que din as veciñas da parroquia de San Martiño de Vilaboa: M1: -Xa sempre estabamos nós: Ai, mi madriña! non morreu ninquién e qué tempo está esa de Acuña de porteira!”.M2: -Que disque non é bo… E que non é bo muito tempo estar… Eu acórdame diso dos nosos vellos.M3: -Si, si, eu tamén teño ouído. Pero eu digho que é unha parvada, eh!M2: -Será parvada, pero os nosos vellos aquí, os nosos vellos dicíano. Os nosos vellos na nosa casa, a miña finada de mamá. Xa viña polos que morreran.“Queda de porteiro mentras que non morre outro! Si, dicen que é malo; que dicen que…, vamos, que está penando. Esas cousas ninquién as vén dicir acá”. “[Dicían que normalmente] unha persona que non era boa levaba muito tempo de porteira”; “[o fulano] non dibía ser nada bo, que está muito tempo de porteiro”; ou en contraposición: “ai, que persona boa dibía ser!, logho o quitano de porteiro”. 

Ao consultar a bibliografía etnográfica sobre a Morte, en Galicia non topamos ningunha referencia a esta figura, só ao estender a investigación ao resto do occidente europeo obtivemos noticias dos séculos XVIII, XIX e comezos do XX en Kilranelagh (Irlanda), Kilmurry (condado de Cork, Irlanda), Connaught (Irlanda), Belfast (Irlanda do Norte), na parroquia de Oe (illa de Islay, Argyll, Escocia) e Jesmond (Newcastle). O traballo comparativo que esixe excede as pretensións desta pequena nota, polo tanto, trataremos de analizar o tema máis polo miúdo noutra ocasión.

 

 

Por José Ángel Rosales

  

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:55 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2007/11/16/o-porteiro/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: