O Tabello

 

Imos ver tres figuras non rexistradas na etnografía e no folclore de Galicia ata o momento: O Porteiro, O Rachador e o Tabello. Todas elas recollidas no concello de Vilaboa do Morrazo.

 

            O TABELLO (tabêllo, o “e” é pechado). É o demo, ou unha manifestación del . Normalmente, cando alguén aparece de súpeto, sobresaltando o que o topa, dise: “Pareces o tabello!”. Falan os de San Adrián de Cobres:  “o tabello é o demo”; “o tabello é unha persona que anda estraviada de noite”; “cando unha persona anda a deshora pola noite, andas por fóra, ás tantas: Es un tabello”.

 

Notas:

  A forma normativa é coco ou cocón. 2 No concello de Agolada fálase do perello (perêllo), outra denominación do demo: “marchou coma se o levara o perello”, “ese rapaz é o perello”. Tamén dun neno revoltoso dise en Trabanca Badiña (conc. Vilagarcía de Arousa): “mira que perecho está ese neno”.

 

Por José Ángel Rosales

 

 

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:58 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2007/11/16/o-tabello/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: