2ª Achega

Anicarse: Agacharse dobrando os xeonllos e apoiando o peso do corpo sobre as pernas. Por esta zona tamén se emprega aniñarse ou encrequenarse. 

 Rubir: Subir agatuñando por unha superficie vertical (gabear)

 Esfurricarse: Estar descomposto (de aí que figuradamente se empregue co significado de ter moito medo, ata o punto de irse por si)

 Espullas: Excrecencia benigna, pequena, arredondada e escura, que se forma na pel

 Maniotas: Dor muscular que se sente nalgunha parte do corpo, especialmente nas pernas, a causa do exercicio físico prolongado

 Cambras: Contracción espasmódica e dolorosa dun músculo

 Carapola: Cobertura seca e dura das feridas no periodo de curación

 Freganzo: Anaco de esparto ou doutro material áspero que se usa para frega-la louza.         

 Rolla: Este substantivo serve para designar varias realidades. Así, podemos empregalo tanto para referírmonos ó tapón dunha botella, pipote, etc. como, por exemplo, ó mulido en forma de roda que se pon na cabeza para levar un peso         

 Cortiza: Aínda que con este substantivo nos podemos referir á capa exteiror que cobre o tronco e as ponlas das árbores, tamén fai referencia á casca da sobreira, substancia coa que poden facerse as rollas

 Lampantín: Dise de quen é pouco amigo de traballar ou de quen como moito. Tamén se emprega para referírmonos á persoa que fala ou actúa con desvergonza óu que é pícara e astuta.

 Fostró:Termo empregado nalgunhas zonas para referirse a unha persoa que camiña ou se move de forma torpe, sen ritmo, pero tamén designa persoas cun aspecto desgairado debido á roupa que visten.

Advertisements
Published in: on Novembro 30, 2007 at 2:55 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2007/11/30/2%c2%aa-achega/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: