NOVA FORNADA

Benvidos compañeiros a un novo número de Fol de Veleno.

Cómpre comezar dándolle-las grazas a tódolos amigos que veñen colaborando na edición deste modesto fanzine.

Vellos e novos camaradas que contribuíndo coas súas ideas, ilusións e traballo fan posible esta aventura.

 

Tamén queremos da-las grazas a tódolos nosos amigos lectores pola calorosa acollida  que tivo o primeiro número do Fol de Veleno.

Grazas polo voso apoio, a vosa receptividade e o voso  interese,  sen os cales non tería sentido este boletín.

 

Así que aquí estamos, ó pe do canón de pau. E volvemos atacar con novas seccións, novas ideas, novos colaboradores e folgos renovados para continuar con este proxecto divulga-rebulsivo.

 

Neste segundo número daremos a coñecer novos e vellos artistas, vellas e novas historias, antigos saberes e tradicións, misteriosos e fermosos lugares que explorar. Volveremos berrar máis forte, se cabe, a nosa rabia contida fronte a tanta barbarie, ignorancia e estupidez. Volveremos encher ese fol de veleno que todos levamos dentro. Pero tamén  volveremos cantar, volveremos bailar  e volveremos sorrir coas cousas que fan que esta terra e este pobo sexan o que son, para ben ou para mal, nin mellor nin tampouco peor. Só diferente, único e irrepetible, como ese bo viño feito das mellores uvas que repousando en nobre bocoi de carballo agarda dende anos a que tirémo-la zapa e bebamos del, do seu néctar, do seu saber, da nosa esencia. Iso,  ou deixalo perder, avinagrar e apodrecer ata que tan só fique o barril corroído, vello e baleiro no fondo da adega  escura e esquecida da nosa ignorancia, irresponsabilidade e suicidio colectivo como pobo. Suicidio, como fixeron os derradeiros galaicos no Medulio. A diferenza é que eles loitaron ata o final e nós… aínda esta por  ver. E aí está o quiz da cuestión amigos. Xusto aí.

 

En fin,  como dicían os gaiteiros de Soutelo, Terra a nosa!!

 

Aburiño compañeiros.                                                

 Sr. Pereira

Advertisements
Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:52 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2008/11/19/nova-fornada/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: