O MISTERIO DOS XIGANTES DE VENTO

Nos últimos anos veñen sendo múltiples os casos de avistamentos, e mesmo encontros, cuns enormes seres brancos, sen pernas e con tres brazos xiratorios que, cando un menos o espera, aparéncense impunemente nos nosos montes, ruxindo, zumbando e movendo os brazos ó vento. Seres, que, como unha interminable estadea, provocan o pavor e o medo a canta persoa de ben se topa con eles. Xeralmente as aparicións teñen lugar no monte, especialmente en lugares de grande intererese paisaxístico, natural, histórico ou etnográfico-cultural. O que denota un certo indicio de intelixencia e bo gusto no seu comportamento.

 

Se ben hai constancia deste tipo de fenómeno noutros países, e mesmo cun resultado positivo e beneficioso para as comunidades que sofren a súa aparición, no caso de Galicia as aparicións documentadas até agora amosan por parte destes  xigantes que nos están a invadir case sempre un comportamento negativo e destrutivo cara á poboación autóctona.    

 

Os máis prestixiosos e recentes estudos ufolóxicos póñennos sobre aviso ante a sospeita da posible existencia dunha oculta colaboración entre algunhas empresas, políticos ou individuos con posición de poder na sociedade galega e estes seres eólicos. De non existir esta posible trama colaboracionista non sería posible que en tan pouco tempo se puidese establecer na nosa terra a  grande comunidade destes seres estraños que agora habitan entre nós.    Por último, subliñar que non se trata dun fenómeno novo e as mencións literarias a estes misteriosos seres veñen de lonxe. Así, no Quixote de Cervantes xa se menciona un enfrontamento do entrañable figalgo co que semellan ser uns seres de parecidas características ós xa mencionados.

 

Cómpre, xa que logo, estar alerta a esta crecente invasión e evitar que máis vilas e paraxes do noso país sexan abducidas por estas enormes criaturas do vento namentres non se demostre que veñen en son de paz e que as súas intencións  son boas e beneficiosas para a humanidade galega.

 

Datos subministrados polo RECORDA

(Rede de estudos de cousas raras de aquí)

 

Advertisements
Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:43 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2008/11/19/o-misterio-dos-xigantes-de-vento/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: