O rei dos Xíbaros

Contaban unha vez no programa  “Al filo de lo imposible” de Sebastián Álvaro unha simpática anécdota que reflicte o espírito desta sección e a idea estendida, e con razón, de que non hai recuncho no mundo onde non chegase un galego. A anécdota é a seguinte: nunha expedición do citado programa ó Everest cando despois de varios días de esgotadora ascensión conseguen facer cumio na montaña máis alta do mundo, ó chegar arriba resulta que os escaladores se atopan cun galego, e de aí a guasa do asunto, ate no cumio do Everest hai un galego. A explicación é sinxela, o escalador galego, membro dunha expedición dos Montañeiros Celtas de Vigo –coido-,  viña de subir pola outra cara da montaña e coincidiron ó mesmo tempo no cumio. 

 Alfonso Graña (1878-1934), natural da aldea de Amiudal, Avión, tras emigrar ós 18 anos a Brasil e ser protagonista dunha incrible vida aventureira acabou converténdose no único branco que reinou durante 12 anos a temible tribo amazónica dos Xíbaros, famosos polo seu costume de reduci-las cabezas dos inimigos mortos, rango que acadou tras casar cunha india, posiblemente a filla do xefe da tribo.

Published in: on Maio 31, 2010 at 2:43 pm  Deixar un comentario  

The URI to TrackBack this entry is: https://foldeveleno.wordpress.com/2010/05/31/o-rei-dos-xibaros/trackback/

RSS feed for comments on this post.

Deixar un comentario