Alalá das Mariñas

ALALÁ DAS MARIÑAS

Teño unha casiña branca na Mariña entre loureiros,

teño paz e teño amor e estou vivindo no ceo.

Ailalala, ailalala..

 

E adiós á miña casiña, portelo do meu quinteiro,

auga da miña fontiña, sombra do meu laranxeiro

Ailalala, ailalala..

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:47 pm  Deixar un comentario  

Arroz con chícharos

ARROZ CON CHÍCHAROS

O primeiro no amor sonche os bicos,

o segundo beliscos pequenos,

o terceiro ben achegadiños

e ó remate sonche os nenos BIS

Arroz con chícharos, patacas novas,

repolos de Betanzos e mais cebolas

e mais cebolas e mais cebolas,

arroz con chícharos, patacas novas

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:46 pm  Deixar un comentario  

Teño un amor en Rianxo

TEÑO UN AMOR EN RIANXO

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,

para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,

teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,

teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,

que o vento mareiro dá mellor navegar.

Si navegas pola ría de Rianxo verás

as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,

lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores

pró meu amor rianxeiro ( 3 veces)

gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

Non lle temas, mariñeiro…..

Collín a dorna en Rianxo

Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,

da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,

á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,

collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.

Non lle temas, mariñeiro….

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:45 pm  Deixar un comentario  

Velaí vai

VELAÍ VAI

Velaí vai, velaí vai, velaí vai a rapaza polo río,

sen comer e sen beber, toda cheíña de frío,

toda cheíña de frío, toda chea de dolor,

velaí vai, velaí vai, polo río xa pasou.

 

Viñeches ás nove e media.

Quedaches de vir ás nove, viñeches  ás nove e media,

ti non sabes que é pecado enganar a unha morena,

enganar unha morena, !ailalelo, ailalalo!

 

Eu teño un canciño bonito abofé

que baila a muiñeira na punta do pé,

na punta do pé, erguidas as mans,

eu teño un canciño que baila ao serán

 

la, la, la, la..

Velaí vai, velaí vai, velaí vai

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:45 pm  Deixar un comentario  

Lévame

LÉVAME

Lévame, lévame, lévame,lévame á beira do mar,

nunha noite prateada,

noite dun craro luar.

Lévame, lévame, lévame,lévame á beira do mar,

lévame, meu queridiño: BIS

eu tamén quero bailar.

Quero bailar, quero bailar,

quero bailar, quero bailar.

Onde vas, meu queridiño?

Onde vas, meu caravel?

Vou buscar berberechiños

para darlle ó meu querer BIS

para darlle ó meu amor.

Onde vas, meu queridiño?

Onde vas meu corazón?

Lévame,lévame, lévame,lévame á beira do mar,

lévame, meu queridiño: BIS

eu tamén quero bailar.

Quero bailar, quero bailar,

quero bailar, quero bailar

en Vilagarcía

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:44 pm  Deixar un comentario  

O sancristán de Coimbra

O SANCRISTÁN DE COIMBRA

O Sancristán de Coímbra

facía de mil diabluras: BIS

mollaba o pan en aceite,

deixaba os santos a escuras BIS

E bate fado e bate ben,

ti ére-la causa do meu desdén BIS

O mar tamén ten amores,

o mar tamén ten muller. BIS

Está casado coa area,

Dálle bicos cantos quer. BIS

E bate fado…….. BIS

Eu quixera ser merliño

e ter o bico encarnado BIS

para facer o meu niño

no teu cabelo dourado. BIS

E bate fado…. BIS

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:43 pm  Deixar un comentario  

Apaga o candil

APAGA O CANDIL

Apagha o candil, Marica, chus, chus,

apagha o candil que ten moita lus,

que ten moita lus, moita claridá,

apagha o candil e chéghate alá.

 Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo,

a lara da túa nai meteume un pau por un ollo,

meteume un pau por un ollo, ailalelo, ailalalo.

 Apagha o candil…

 A túa nai é chiculate,

o teu pai chiculateiro,

a túa nai lambe as cazolas,

o teu pai lambe os pucheiros,

o teu pai lambe os pucheiros,

ailalelo, ailalalo

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:43 pm  Deixar un comentario  

A Rianxeira

A RIANXEIRA

Ondiñas veñen,

ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van.

Non te vaias rianxeira,

que te vas a marear.

 A Virxe de Guadalupe

cando vai pola ribeira, BIS

descalciña pola area,

parece unha rianxeira. BIS

 Ondiñas veñen…

 A Virxe de Guadalupe

cando vai para Rianxo,

a barquiña que a leva

era de pau de laranxo.

 Ondiñas veñen…

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:42 pm  Deixar un comentario  

Se vas ó San Benitiño

SE VAS Ó SAN BENITIÑO

Se vas ó San Benitiño BIS

non vaias ó de Paredes,

que hai outro máis milagreiro

San Benitiño de Lérez. BIS

 San Benitiño do ollo redondo

hei de ir alá, miña nai, se non morro

e hei de levar unha bota de viño

e unha bola de pan para o camiño.

a que lle foron armare

ó San Benito de Lérez,

a que lle foron armare

que tiña un bo viño mosto BIS

debaixo do seu altare.

 Polo río abaixo vai unha troita de pé,

corre que te corre, quen a puidera coller,

quen a puidera coller, quen a puidera pillar.

Polo río abaixo vai unha troita de pé.

Ó ve-las flores se alegra BIS

o paxariño do prado. BIS

Eu con ve-la túa cara BIS

boto fóra as miñas penas.

San Benitiño do ollo redondo…

Que cho teño ben gardado,

heicho de dar que cho teño,

que cho teño ben gardado,

nena cando foras miña,

o caraveliño encarnado.

 Polo río abaixo vai unha troita de pé…

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:41 pm  Deixar un comentario  

Amoriños collín

AMORIÑOS COLLÍN

Amoriños collín

na bieriña do mar,

amoriños collín

non os poido olvidar;

non os poido olvidar

non os poido olvidar,

amoriños collín

na beiriña do mar

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:40 pm  Deixar un comentario