Velaí óOSOS

Calros Solla

Advertisements
Published in: on Novembro 22, 2010 at 9:20 pm  Deixar un comentario  

QUANDO O POVO FALA

Quando o povo fala

o senhor abade tem medo

 

Quando o povo fala

o senhor alcalde tem medo

 

Quando o povo fala

o médico geral

e o especialista

tenhem medo

 

Quando o povo fala

o antropólogo que muito sabe do povo

tem medo

 

Quando o povo fala

os ideólogos da direita

do centro

e da esquerda nacionalista

tenhem medo

 

Quando o povo fala

os que escrevemos poemas que falam do povo

caghamos polas calças abaixo

 

porque quando por fim o povo abre a boca

som os cans e os funqueiros e as pedras dos muros

os melhores camaradas.

 

                                                                                  

   Joseph Ghanime

 

Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:53 pm  Deixar un comentario  

“Outono”. Por Xosé Luis Santos Cabanas

Outono

 Na metade do outono señorea nos parques das cidades amadas

a maxestade  vehemente do ginkgo biloba e estala cando corre o vento suau,

precursor das chuvias bravas,

 estala: ocre en gris, 

estala mentres abanean tristres tímidas abidueiras tenras,  pero máis aló, no lonxe, 

como longamente xemen carlillas vellas, freixos outos, e os rotundos castiñeiros!,

se cadra as árbores todas das devesas moribundas da patria enferma xemen e vén despois a auga,

vén despois a auga e invade o mundo o grisallo lento das vésperas do inverno por diante da mirada daquel neno anegada das preguntas dos fillos dos obreiros parados que aínda ollan o outono tras dos cristais das fiestras das casas húmidas e esperane vén despois a auga,

vén despois a auga,e chove.                                                        

  Xosé Luis Santos Cabanas

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:51 pm  Deixar un comentario  

Sebas Anxo

Brotáronme

pra navegar na carruaxe da miña pel

mentres viñan ó meu recordo os meus-teus ollos           as palabras “infinita saraiba”

dun poema que me deixaron e que vou lembrando.

de chegar a ferir as maos de dentro.

 Erguidas polos sons das árbores da casa.

Pensando en que tiña unha montaña enriba de pó

dun laranxa que me protexe, que fabriquei.

Brotáronme

non sigo querendo parar á morte.

agora teño tempo

un ambiente propicio para voar.       

Por Sevas Anxo

Published in: on Novembro 15, 2007 at 7:15 pm  Deixar un comentario  

Elvira Riveiro Tobío

porque eu era unha nena

e chorei tanto

coma o día que asfaltaron o camiño

e xa non se podían enterrar as catiuscas no xabre lamacento

e cubriron con piche a casa do grilo que cantaba sempre á tarde

para escarnio de toda a caste principesca dos ortópteros

e foi un ano que houbo

superávit de serradela e desconsolo

                                                                 Por  ELVIRA RIVEIRO TOBÍO

Published in: on Novembro 15, 2007 at 7:14 pm  Comments (1)