O GRAN GRIMORIO DO PAPA HONORIO CUNHA RECOPILACIÓN DOS MÁIS RAROS SECREDOS MÁXICOS

O Gran Grimorio é unha recopilación dos raros secredos máxicos, un manual destinado á evocación dos espíritus e de uso reservado exclusivamente ós sacerdotes.

No libro atopamos os conxuros e exorcismos para dominar e escorrenta-los espíritos das tebras. Recolle os requisitos do exorcista e a preparación que compre ter para exorcizar. Trata extensamente os exorcismos, conxurose oracións para dominar e escorrenta-los demos. Por último, o libro instruie sobre á Maxia Evocativa, os Círculos Misteriosos e o xeito de facelos.

Unha vella tradición atribúe a paternidade do Gran Grimorio ou Grimorio de Honorio ó papa Honorius III (falecido no ano 1227). Este papa que foi home de gran cultura e prestixio nas artes máxicas, predicou as cruzadase deixou moitos escritos que posteriormente serían publicados en París, entre o 1879 e 1883, polo Abate Heroy. A primeira edición latina do Gran Grimorio sería feita en roma no 1760.

            FdV

Published in: on Novembro 22, 2010 at 8:51 pm  Deixar un comentario  

O Ciprianillo ou Gran libro de San Ciprián

 

O ciprianillo:

Segundo as crenzas galegas, o Ciprianillo —ou o chamado tamén “Salterio de San Cipriano” ou “Gran libro de San Ciprián”— era un antigo e misterioso libro de maxia no que se atopaban as artes diabólicas e os rituais necesarios para acha-los tesouros que os “encantos” e os “mouros” tiñan gardados nos castros, furnas e mámoas. Incluía técnicas de exorcismo, e rituais contra os feitizos, o mal de ollo e o meigallo, segredos místicos sobre xenios bos e malos, etc.  Tamén quen o posuía tiña o poder de facer fuxi-lo demo.  O Ciprianillo tamén era unha axuda para facer pactos con espíritos infernais sen sufrir dano ningún. Noutro capítulo deste libro estaba explicada a forma de facer chover e afasta-las treboadas, seguindo para iso unha serie de rituais.

 

Atribúese  a súa orixe a San Cibrán, bispo de Cartago no século  II D.C. O Ciprianillo sempre foi un libro moi difícil de conseguir, e era celosamente gardado polos seus posuidores.

 

Foi  un libro de culto xeral en Galicia, desexado e buscado por moitos. Quizais o seu éxito era debido a que contiña unha importante listaxe dos lugares onde estarían enterrados valiosos tesouros.

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:54 pm  Deixar un comentario