Licor de moras

 

INGREDENTES:

  •  1 litro de augardente branca
  • 1/2 quilo de moras
  • 3/4 quilo de azucre

 PREPARACIÓN

  1. Lávanse as moras e déixanse escorrer.
  2. Bótanse nun tarro xunto co azucre e o augardente.
  3. Déixase o tarro nun lugar escuro durante varios meses (aproximadamente 6).

 As moras tamén poden aproveitarse pra adornar postres.

 Por Ana Rosalía Rodríguez Lorenzo

 

Published in: on Maio 31, 2010 at 1:56 pm  Deixar un comentario  

Torta de millo

INGREDIENTES

  • 5 ovos
  • 10 culleradas de azucre
  • reladura de limón ou laranxa
  • levedo
  • 10 culleradas de fariña de millo (algunha sen peneirar)
  • 1 vaso de leite
  • ½ vaso de aceite ou manteiga
  •  

PREPARACIÓN

Sepáranse as xemas das claras e bátense a punto de neve (resérvanse)

Mestúranse os outros ingredientes e bátense. Unha vez batidos, mestúranselle-las claras.

Úntase un molde con aceite e un pouco de fariña. Bótase a mestura e cócese sobre corenta e cinco minutos a 180º. Compróbase que está cocido e desmóldase en quente.

Por Loli

Published in: on Maio 31, 2010 at 1:53 pm  Deixar un comentario  

Licor café

A receita provén de Rosalía Castro Pérez, natural de Castro Caldelas, Ourense (1902-1981).

 INGREDIENTES:

  • 3 Litros de augardente branca
  • 2,5 Kg de azucre
  • 12 culleradas cheas de café moído (mestura 50% natural e 50% torrefacto)

 MANEIRA TRADICIONAL:

Bótanse tódolos ingredientes nun garrafón grande e axítase tódolos días durante tres meses como mínimo.

 MANEIRA RÁPIDA:

  1. Bótanse tres vasos de auga nunha perola, e cando ferve vaise engadindo o azucre, pouco a pouco, ata facer un almíbar.
  2.  Unha vez que está todo o azucre disolto na auga, sácase do lume, e vaise engadindo, moi pouquiño a pouco, a augardente, sen parar de remexer. Neste paso hai que ter moito coidado, xa que ó engadi-la augardente esta fai ferve-lo almibar e os vapores que se xeran son fortes.
  3.  Collemos un garrafón grande e botamos nel o café, posteriormente engadímoslle a mestura da augardente co azucre, e tapámo-la boca do garrafón cun pano pequeno (un pano de mesa). Ó día seguinte xa se pode tapar co corcho, e dánselle uns “meneos” tódolos días durante un mes.

Unha vez feito o licor café hai que coalo cunha manga de café ou similar.

Nota: canto máis tempo boten os ingredientes no garrafón máis rico sae.

Por Ana Rosalía Rodríguez Lorenzo, neta da transmisora da receita.

Published in: on Maio 31, 2010 at 1:51 pm  Deixar un comentario  

Licor de limón

 INGREDENTES:         

  • 1 litro de augardente branca•        
  •   7 limóns mondados e cortados en catro partes•         
  •  1 1/2 vasos de azucre •         
  • 1 vaso de auga 

MANEIRA TRADICIONAL:

Bótanse tódolos ingredientes nun tarro grande e axítase tódolos días durante tres meses como mínimo. 

MANEIRA RÁPIDA:       

1.Bótase o vaso de auga nunha perola, e cando ferve vaise engadindo o azucre, pouco a pouco, ata facer un xarope.

2.Unha vez que está todo o azucre disolto na auga, sácase do lume, e vaise engadindo, moi pouquiño a pouco, a augardente, sen parar de remexer. Neste paso hai que ter moito coidado, xa que ó engadi-la augardente esta fai ferve-lo almíbar e os vapores que se xeran son fortes.

3. Collemos un tarro grande e botamos nel os limóns, posteriormente engadímoslle a mestura da augardente co azucre, e tapámo-la boca do tarro cun pano pequeno. Ó día seguinte xa se pode pecha-lo tarro, e reméxese tódolos días durante un mes. Unha vez feito o licor de limón, hai que pasalo por un coador. Nota: canto máis tempo maceren os ingredientes no tarro máis bo está. 

    Por Ana Rosalía Rodríguez Lorenzo

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:59 pm  Deixar un comentario  

Rosquillas

INGREDIENTES:

  • 1 sobre de levedo
  • ½ Kg fariña cribada
  • 3 ovos
  • ½ cunca de aceite de xirasol (6 culleradas)
  • 1 cunca de azucre
  • ½ botelliña de anís concentrado ou reladura dun limón
  • un pouco de sal
  • canela  

PREPARACIÓN:

Nun bol bátense os ovos e bótaselle-lo aceite, o anís (ou reladura de limón) e o azucre. Engádese a fariña e o sobre de levedo. É importante bota-la  fariña pouco a pouco e ir remexendo coa man ata que non se pegue nas mans.Ponse na encimeira un pouco de fariña, bótase a masa enriba e amásase. Déixase repousar 15 minutos e despois vaise cortando a masa e facendo as rosquillas.Unha vez feitas as rosquillas bótanse nunca tixola co aceite quente e vanse fritindo. Póñense nunha fonte e bótaselles por riba o azucre mesturado cunha cullerada de canela. 

Por Marta Iglesias

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 2:58 pm  Deixar un comentario