A ESFOLLADORA

Ferramenta que se emprega para quitárlle-las follas ás canas, utilizadas fundamentalemente para aquela-las viñas.  

Como se aprecia na foto o utensilio ten forma cilíndrica e dispón dunha bisagra para abrilo e introduci-la cana no seu interior. Depois deslízase a esfolladora todo ó longo da cana para deixala limpa de follas e lista para usar.

 

Por Rafael Quintía

Advertisements
Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:34 pm  Deixar un comentario  

Pantelro

Pantelro:

Era unha trampa para paxaros. Construíase unha especie de gaiola con pequenos paus ou canas. Esta debía estar aberta por abaixo para permiti-lo acceso do paxaro, deixábase no chan cun pouco de pan, grao ou cebo semellante dentro, de forma que atraese os paxaros. Un dos lados da trampa lebantábase un pouco do chan deixando esa parte da estrutura  apoiada nun pauciño ó que se lle ataba unha longa corda para titar del no momento en que o paxaro entrase na trampa.                                                                                

Por  Rafael Quintía

 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:01 pm  Deixar un comentario  

O fendedor ou fendebimbias

O fendedor ou fendebimbias:

Obxecto de madeira cuxo extremo estaba afiado e labrado en forma de trencha de 2, 3 ou 4 caras e que era empregado para fende-las bimbias en tiras longas e planas que despois se empregaban para ata-las viñas. Facíanse unhas pequenas fendas no extremo da bimbia, colocábase o fendedor nesas fendas e despois deslizábase todo ó longo da bimbia partíndoa en tantas tiras como caras tivese o fendebimbias.

 

Por Rafael Quintía

Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:01 pm  Deixar un comentario