O berimbao

O berimbao              Tamén coñecido como trompa, é o instrumento típico da Fonsagrada e dos concellos dos arredores. Consiste nunha lámina de madeira ou de ferro que se fai vibrar, suxeita a un marco do mesmo material en forma de ferradura. Tamén as hai con outras formas diferentes, pero a de ferradura é a máis común.               Para facelo soar cóllese o berimbao cunha man e, situándoo entre os dentes, co dedo índice da outra man puntéase o extremo libre da lámina. Deste xeito, o instrumento vibra e produce o son grazas ó uso da boca como caixa de resonancia. Xogando cos beizos, a lingua e as mandíbulas podemos obter diferentes sons cos que poderemos executa-la peza desexada. 

Advertisements
Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:04 pm  Deixar un comentario  

Chifres ou pitos

Os chifres ou pitosEste instrumento era usado por paraugueiros, capadores, afiadores ou zarralleiros para anuncia-la súa chegaba a unha aldea. Deste xeito, tocando o chifre facíanlle saber á xente que estaban alí para ofreceren os seus servizos. Era usado sobre todo polos capadores, de aí que nalgúns sitios se lles chame a estes chifres “capador”.  O chifre é unha frauta de pan, feito normalmente de madeira en forma de triángulo irregular e  coa forma da testa e o peito dun cabalo. A ese triángulo fánselle de oito a trece buratos cegos no fondo, e de diferente profundidade. Para tocalo pásanse os beizos pola parte superior do chifre, dirixindo a columna de aire en horizontal cara ás aberturas dos buratos feitos. Deste xeito obterémo-lo seu característico son. 

Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:03 pm  Deixar un comentario