Cabalo de pura raza galega

A orixe histórica do Cabalo de Pura Raza Galega remóntase á invasión e dominación do Norte peninsular polo pobo celta (600 – 500 a.C.) que introduciu na península ibérica unha nova poboación cabalar. Un cabalo de pouca alzada, de cabeza pequena, orellas curtas, a cruz dos cadrís forte, o pelo basto e de capa escura. Considerase que o cabalo introducido polos celtas é o ancestro directo das razas cabalares autóctonas existentes hoxe no Norte peninsular, entre elas o noso.

 É un animal rústico, proporcionado, forte, resistente e de temperamento equilibrado. Está moi adaptado ao medio ambiente onde se desenvolve. Críase na súa meirande parte en liberdade nos montes galegos, aínda que na actualidade, e debido a súas cualidades para a equitación tanto deportiva como de ocio, estase a criar tamén en cuadras e escolas de equitación.

 O Cabalo de Pura Raza Galega é de perfil recto ou subcóncavo, elipométrico e de proporcións sublonxilíneas, cunha alzada á cruz de entre 120 e 140 cm. É de capa negra ou castaña.

Por Roxo

Advertisements
Published in: on Maio 31, 2010 at 2:06 pm  Deixar un comentario  

A vaca Caldelá

Os animais desta raza, considerados no seu momento como os mellor dotados pro traballo de toda Galicia, son orixinarios da comarca que lle dá nome á raza (Terra de Caldelas), encontrándose exemplares na limítrofe provincia de Lugo (serras do Courel e O Cebreiro), onde os máis vellos do lugar lembran viaxes ás feiras de Castro Caldelas na procura dos bois caldelaos, extraordinarios animais de tiro, que tamén chegaban ás zonas más afastadas, como Valdeorras ou O Bierzo.

 Adoitan ter un temperamento tranquilo, cousa que favoreceu a súa utilización pro traballo. O interese actual céntrase na súa reimplantación como raza rústica pra aproveita-los pasteiros de alta montaña e a producción dun becerro leitón de gran calidade.

 Enclavada nunha zona de gran dinamismo gandeiro, a súa poboación viuse de seguido reducida a pequenos fatos na serra de San Mamede e exemplares diseminados polas distintas granxas e casas particulares, nas que tiñan que competir con outras razas máis selectas. O momento máis crítico foi no ano 1994 cando o número de cabezas queda reducido a pouco máis de 30 reproductoras.

 A raza bovina caldelá agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos.O peso medio é de 500 Kg pras femias e de 700 Kg pros machos, cunha alzada á cruz de 132 cm. pras femias e de 140 cm. pros machos. A capa ao nacemento é cor ouro con borla do rabo negra, evoluciona coa idade a súa característica capa negra peceña, coa liña dorsolumbar clarovermella (listón) que ás veces é ancha e forma banda cara a ámbolos costados, podendo existir degradacións de cor fundamentalmente nas axilas e bragadas.

 Por Roxo

Published in: on Maio 31, 2010 at 2:05 pm  Deixar un comentario  

O CAN DE PALLEIRO

O Can de Palleiro forma parte da cultura de Galicia.

 

Os propietarios destes cans salientan as súas características de intelixencia e a súa rápida comprensión intuitiva das situacións do acontecer diario, sen pararse a pensar ou observa-lo aspecto exterior do can, preocupándose só de sacarlles fillos ós exemplares máis listos, “algúns deles máis que moitas persoas”, seleccionándoos polas súas calidades psíquicas máis que por outra cousa. Por todo isto podemos dicir que é un can noso, porque de palleiro hainos en tódolos sitios.

 

A pesar da introdución de razas foráneas que se mestizaron cos cans do noso país, aínda aparece, a día de hoxe e por toda a nosa xeografía, un tipo de can que tanto vai coas vacas como coida da casa, que a xente chama de palleiro e que responde ás seguintes características:

 

Can de tronco indoeuropeo, o seu agriotipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño do Centro Europa, que acompañou os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica.

 

Can pastor e tamén de garda. Gardián de proverbial intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estraños. Cabe destaca-la estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor.

 

Para saber máis:

Ø     -Club de Raza Can de Palleiro

Cabanas Salcedo s/n – 36143 Pontevedra

Tfno.: 986860890

Ø     -Orde do 26 de abril de 2001, DOG Nº 91, do 11 de maio de 2001

Ø      

A Galiña de Mos e o Can de Palleiro forman parte do patrimonio histórico-cultural de Galicia e non podemos deixar que se perda.

 

Por Roxo

Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:38 pm  Deixar un comentario  

A GALIÑA DE MOS

A principios do século XX observouse pola comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo, unhas galiñas máis grandes que as comúns, moi apreciadas pola calidade da súa carne.

 

Nos anos 40, na antiga Estación Pecuaria Rexional de Galicia someteuse a raza a un proceso de selección e uniformidade. Tomaría o seu nome da parroquia de San Xulián de Mos, no Concello de Castro de Rei, provincia de Lugo.

 

A partir deses anos vivirá os seus momentos de esplendor e localizarase por moitos das vilas de Galicia  usándose para produci-los afamados Capóns de Vilalba.

 

Será a partir da segunda metade dese século cando co afianzamento da avicultura industrial e a conseguinte entrada de estirpes creadas a partir de cruzamentos, para incrementa-los rendementos produtivos, vai diminuíndo o seu censo ata situarse ó bordo da extinción.

 

É una raza eminentemente cárnica, ó que se lle une unha aceptable produción oveira. Os seus produtos contan cunhas características organolépticas (cor, olor, sabor e textura) moi apreciadas polo consumidor. Sumado a estes rendementos de alta calidade, destaca a súa gran capacidade de adaptación a condicións extremas; é unha raza ideal para o uso nas explotacións rurais así como explotacións avícolas de cría ó aire libre.

 

Para saber máis:

Ø     -Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

Pazo de Fontefiz – Coles  – 32152 Ourense.

Tfno.: 988205402

Ø     -Orde do 26 de abril de 2001, DOG Nº 91, do 11 de maio de 2001

Ø     -Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos

Tfno.: 988205402

 

Por Roxo

Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:37 pm  Deixar un comentario  

A Cachena

“A CACHENA” O nome de Cachena serve pra designar unha poboación bovina estendida no sudoeste ourensán, nos montes da Serra do Xurés, Serra de Leboreiro e Montes do Quinxo, que, ó final da súa regresión censual, quedou practicamente acantoada na freguesía da Illa, concello de Entrimo e máis concretamente na localidade de Olelas. Morfoloxicamente son animais de pequeno tamaño, o peso medio é de 350 Kg prás femias e de 550 Kg prós machos, cunha alzada á cruz de entre 90 e 120 cm. prás femias e de 100 e 130 cm prós machos. A capa é castaña clara, abelá, máis escura na rexión do pescozo. Son característicos os seus cornos, en lira alta, de grandes proporcións e sección circular. É unha raza que é boa reproductora, con boas calidades maternais e unha aceptable produción leiteira, moi rústica, resistente a enfermidades, adaptada perfectamente tanto ós rigores climatolóxicos como ós morfolóxicos das serras do noso país, o que lles facilita o traballo ós gandeiros xa que poden mante-los fatos en pastoreo extensivo ou semiextensivo a maior parte do ano cunha achega mínima de recursos alleos á propia explotación. Deste xeito prodúcese un aproveitamento sostible, xéranse producións respectuosas co medio natural minimizando o uso de fertilizantes, praguicidas e substancias medicamentosas, mantendo a biodiversidade, conservando o valor paisaxístico e diminuíndo a incidencia dos incendios forestais ó controla-la vexetación mediante o silvopastoreo. Pra rematar, hai que subliñar que esta actividade gandeira, ó tempo que recupera prácticas culturais tradicionais, axuda a fixa-la poboación ó medio, sobre todo nos lugares que, polo seu illamento, sufriron máis o abandono rural.  Para saber máis:Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia Pazo de Fontefiz – Coles 32152 Ourense.Tfno.: 988205402   A Cachena e o Porco celta forman parte do patrimonio histórico-cultural de Galicia e non podemos deixar que se perda. Por Roxo

Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:05 pm  Deixar un comentario  

O porco celta

“O PORCO CELTA” É a única raza porcina orixinaria de Galicia, e foi a máis importante na nosa terra ata comezos do século XX, sufrindo a partir daquela unha continua redución censual, polo abandono do costume do pastoreo porcino, ocasionado polo abandono das terras e pola despoboación rural, e pola importación de razas foráneas pra intensifica-los sistemas produtivos e incrementa-los rendementos das explotacións. No seu conxunto son animais rústicos e harmónicos. O gran desenvolvemento de seu esqueleto, sobre todo do tercio anterior, e a lonxitude dos seus membros demostran a súa aptitude prá marcha, que é viva, grácil e de contorneo característico desta raza. Dentro da raza porcina celta diferéncianse tres variedades: Santiaguesa, Barcina e Carballina. Morfoloxicamente son iguais e só se diferencian na ausencia ou presenza de pigmentacións. Son animais rústicos, áxiles, con boa aptitude prá marcha polo seu forte aparello locomotor, que lle permite percorrer grandes distancias no pastoreo como se facía antigamente. Atópanse perfectamente adaptados ós bosques autóctonos galegos, onde pastorean e aproveitan os recursos naturais estacionais como as castañas e as landras. Froito desta alimentación natural en combinación co exercicio físico nos soutos e fragas, obtéñense produtos cárnicos de altísima calidade.  Por ser unha raza con grandes posibilidades prá súa explotación en réxime extensivo ou semiextensivo, contribúe ó mantemento e control da biomasa vexetal, ademais de embelece-lo contorno paisaxístico.  Para saber máis:         -Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia Pazo de Fontefiz – Coles  – 32152 Ourense.Tfno.: 988205402  Por Roxo

Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:04 pm  Deixar un comentario