Unidades de Masa

Unidades de masa

  Libra:Medida de masa; equivale aproximadamente a ½ Kg  

 Onza: equivale aproximadamente a 25 gramos                     

Quintal: equivale aproximadamente a 50 Kg         

 

Advertisements
Published in: on Decembro 6, 2010 at 7:50 pm  Deixar un comentario  

Unidades de medida galegas

Dende moi antigo e coma en tódalas sociedades, as nosas xentes empregaron e seguen a empregar moitas unidades para medi-las distintas magnitudes. Deste xeito foise desenvolvendo o noso propio sistema tradicional de medida. Estas variacións locais e impresicións destes sistemas, unido á implantación en Europa do uso do Sistema Métrico Decimal, está a orixina-lo desuso de moitas destas unidades. Neste apartado iremos facendo unha pequena exposición das unidades de medida tradicionáis máis utilizadas na Galiza.

A información deste apartado referente ás unidades de medida provén da web edugaliza.org e o autor da mesma é Manolo Veiga.

Published in: on Maio 31, 2010 at 3:08 pm  Comments (1)  

Unidades de Superficie

 

Unidades de Superficie:

 

Vara:          Equivalía a 2 metros cadrados.

 

Cuartillo: Era a vintecatroava parte do ferrado. A equivalencia co sistema métrico é variable, posto que era un divisor do ferrado, que é unha medida distinta en cada zona, parroquia ou concello.         Existe unha medida de capacidade co mesmo nome.

 

Ferrado: Usada fundamentalmente na agricultura. Varía moito segundo as diferentes zonas do país. Como medida de superficie anda ó redor dos 500 metros cadrados. Como exemplos destas variación podemos mencionar que en salcedo equivale a uns 625 m2 , en Poio a 629 m2, en Forcarei a 500 m2, en Cangas 472 m2, en Carballedo 629 m2, en Marín entre 472 e 504 m2 segundo as zonas e na Lama a 217 m2. Tamén existe unha medida de capacidade co mesmo nome.

 

Conca: Usada fundamentalmente nas Rías Baixas. Equivale aproximademante a uns 52 m2. Un ferrado equivalería a unhas 12 concas.

 

Fanega: Emprégase para medir grandes extensións de terreo. Equivale a     2.103 m2.     Na “HIstoria de Galicia” cítase unha fanega formada por 12 copelos (usada en terras de regadío). As fanegas agrupábanse de 24 en 24, e cada grupo recibe un día de auga.

 

Copelo: Utilizábase na provincia de Ourense. Equivale a 21 m2.        

 

Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:39 pm  Deixar un comentario  

Unidades de capacidade

Unidades de capacidade: 

Cuartillo: Un cuarto de litro, nas Rías Baixas e en zonas como Mesía (concello da provincia da Coruña) parece ser que vale por medio litro. 

Neto:  Equivalente a medio litro; 2 cuartillos     

Azumbre: Equivalente a dous litros                  

Cuartilla: Equivalente a catro litros; 2 azumbres           

Canada: De oito litros, nalgúns lugares cinco ou seis litros                    

Cántaro ou ola: Medida de capacidade usada nos líquidos (viño, aceite,..)Equivale a 16 litros = 2 canadas,  1 ola = 1 cabazo = 1 cántara = 1 arroa = 16 litros 

Cabazo: varía segundo os concellos, podendo ser 14, 16 ou 20 litros coma en Redondela.           

Cañado: Equivalente a 40 litros; 2 cabazos       

Moio:  Equivalente a 16 cántaros         

Sella:   Que podía variar entre 5, 6 e ata 15 litros                       

Cunca: Dezaseisava parte dun ferrado                         

Cuarto: Cuarta parte dun ferrado=      4 cuncas          

 Esca: Medio ferrado= 2 cuartos          

Ferrado: Medida de capacidade empregada para medir áridos (gran) = 2 escas.Varía entre os 12 Kg e os 20 kg segundo a clase de gran. A coincidencia no nome co ferrado de superficie parece deberse á equivalencia entre gran e terro plantado. Un ferrado de centeo era a semente necesaria para plantar un ferrado de terra.  

Fanega: En millo equivale a 5 ferrados. Probablemente ten igual explicación  có ferrado.

Published in: on Novembro 16, 2007 at 3:06 pm  Deixar un comentario