O rei dos Xíbaros

Contaban unha vez no programa  “Al filo de lo imposible” de Sebastián Álvaro unha simpática anécdota que reflicte o espírito desta sección e a idea estendida, e con razón, de que non hai recuncho no mundo onde non chegase un galego. A anécdota é a seguinte: nunha expedición do citado programa ó Everest cando despois de varios días de esgotadora ascensión conseguen facer cumio na montaña máis alta do mundo, ó chegar arriba resulta que os escaladores se atopan cun galego, e de aí a guasa do asunto, ate no cumio do Everest hai un galego. A explicación é sinxela, o escalador galego, membro dunha expedición dos Montañeiros Celtas de Vigo –coido-,  viña de subir pola outra cara da montaña e coincidiron ó mesmo tempo no cumio. 

 Alfonso Graña (1878-1934), natural da aldea de Amiudal, Avión, tras emigrar ós 18 anos a Brasil e ser protagonista dunha incrible vida aventureira acabou converténdose no único branco que reinou durante 12 anos a temible tribo amazónica dos Xíbaros, famosos polo seu costume de reduci-las cabezas dos inimigos mortos, rango que acadou tras casar cunha india, posiblemente a filla do xefe da tribo.

Published in: on Maio 31, 2010 at 2:43 pm  Deixar un comentario  

Quen ía imaxinar!

Din que a canción “Imagin” de John Lennon é unha das cancións  máis fermosas que se teñen feito, un himno do movemento hippy e da filosofía da non violencia. Pode ser que así sexa, o que é seguro é que John Lennon tivo tempo para compor ese tema porque non se tiña que preocupar das tarefas domésticas, xa que para iso estaba Rosaura Lorenzo, oriunda da freguesía de Castro,  Cerdedo e que foi a ama de chaves dos Lennon durante a sua residencia no mítico edificio Dakota de Nova Yorke. Ela foi a primeira en ve-lo asasino de John, a que coidou o seu fillo  e posiblemente a que fixera a cama na que John e Yoko deron a famosa rolda de prensa. Rosana morreu recentemente e ten escrito un libro sobre as súas vivencias cos Lennon.

Published in: on Maio 31, 2010 at 2:39 pm  Deixar un comentario  

Canteiros en USA

De todos é coñecida a historia da familia Kennedy, a súa importancia na historia recente dos EEUU e por extensión no resto do mundo. O tráxico asasinato de John F. Kennedy e do seu irmán. O que quizais non saiban é que o mausoleo da familia Kennedy foi feito por un galego, mais concretamente un canteiro das terras de Cerdedo. Quen lle ía dicir a aquel rapaz que xogaba coas pedras do Seixo que acabaría facendo a tumba da que sería unha das figuras máis importantes do século XX.

Published in: on Maio 31, 2010 at 2:38 pm  Deixar un comentario