CHINTOFONOMANÍA

Manual enxebre da aportación galega a construcción e arquitectura rural.

 

SOMIER –CANCELA:

Aplicación práctica dun somier ou metálico para o seu uso a xeito de cancela ou portal. Como alternativa ó somier pódese empreñar o cabeceiro dunha cama ou mesmo a estructura dun berce. O somier é un dos obxectos de reutilización máis versátiles na nosa arquitectura rural. Así podemos atopalos formando parte da estructura de peches de finca, alpendres e galiñeiros.

Advertisements
Published in: on Novembro 22, 2010 at 9:23 pm  Deixar un comentario  

O MISTERIO DOS XIGANTES DE VENTO

Nos últimos anos veñen sendo múltiples os casos de avistamentos, e mesmo encontros, cuns enormes seres brancos, sen pernas e con tres brazos xiratorios que, cando un menos o espera, aparéncense impunemente nos nosos montes, ruxindo, zumbando e movendo os brazos ó vento. Seres, que, como unha interminable estadea, provocan o pavor e o medo a canta persoa de ben se topa con eles. Xeralmente as aparicións teñen lugar no monte, especialmente en lugares de grande intererese paisaxístico, natural, histórico ou etnográfico-cultural. O que denota un certo indicio de intelixencia e bo gusto no seu comportamento.

 

Se ben hai constancia deste tipo de fenómeno noutros países, e mesmo cun resultado positivo e beneficioso para as comunidades que sofren a súa aparición, no caso de Galicia as aparicións documentadas até agora amosan por parte destes  xigantes que nos están a invadir case sempre un comportamento negativo e destrutivo cara á poboación autóctona.    

 

Os máis prestixiosos e recentes estudos ufolóxicos póñennos sobre aviso ante a sospeita da posible existencia dunha oculta colaboración entre algunhas empresas, políticos ou individuos con posición de poder na sociedade galega e estes seres eólicos. De non existir esta posible trama colaboracionista non sería posible que en tan pouco tempo se puidese establecer na nosa terra a  grande comunidade destes seres estraños que agora habitan entre nós.    Por último, subliñar que non se trata dun fenómeno novo e as mencións literarias a estes misteriosos seres veñen de lonxe. Así, no Quixote de Cervantes xa se menciona un enfrontamento do entrañable figalgo co que semellan ser uns seres de parecidas características ós xa mencionados.

 

Cómpre, xa que logo, estar alerta a esta crecente invasión e evitar que máis vilas e paraxes do noso país sexan abducidas por estas enormes criaturas do vento namentres non se demostre que veñen en son de paz e que as súas intencións  son boas e beneficiosas para a humanidade galega.

 

Datos subministrados polo RECORDA

(Rede de estudos de cousas raras de aquí)

 

Published in: on Novembro 19, 2008 at 12:43 pm  Deixar un comentario  

As cousas de Uxío

As cousas de Uxío 

-Oes papá, ¿Que é un rei?

-Pois mira fillo, un rei é un funcionario que non ten que facer unha oposición porque xa lle dan a praza fixa uns señores que mandan moito. Ademais pode promocionar de príncipe a rei sen ter que facer exames, nin méritos propios, tan só por antigüidade e compadreo.

-Logo é como na Deputación, ¿Non si, papá?…. 

– Mira papá, e iso da Constitución que é?

– Carallo Uxío, hoxe tes teima coa política. A ver…a Constitución é unha cousa que votou unha xente hai moito tempo disque para garanti-los nosos dereitos, liberdades e obrigas, pero que ó final non serve para moito porque as liberdades e dereitos son só para algúns, as obrigas para o resto e ademais se hai algo mal e queres cambiala pódeche levar toda a vida.

– Papá coido que iso que dis chámase goberno.

– Tamén Uxío, tamén…. 

Published in: on Novembro 30, 2007 at 3:04 pm  Deixar un comentario